Buscar este blog

jueves, 8 de diciembre de 2016

Desvelan os segredos da dor.

Cando algunha parte do corpo sofre unha agresión que pode facer perigar a súa integridade, prodúcese sinais electroquímicas nas fibras nerviosas que viaxan por medio dunhas proteínas chamadas canles de sodio  (Nav1.x). Hai ata nove diferentes e polo menos tres delas teñen que ver coa dor.
Son as canles de sodio as que transmiten as sinais de dor desde a orixe ata o sistema nervioso e para descubrir cales eran as que estaban directamente relacionadas ca dor, estudaron as persoas que posúen unhas raras mutacións que impiden que o seu sistema nervioso detecte os sinais de alerta e polo tanto non sentan dor.
Primeiro descubriron cales eran as causas xenéticas das mutacións que posuían estas persoas e despois realizaron experimentos con ratos xenericamente modificados aos que lles borraron o xene SCN9A, que codifica a canle Nav1.7. Como sucede cos humanos con esta mutación, comprobaron que se volvían insensibles á dor. Cando se descubriu o rol destas canles, os máis optimistas creron que era o fin do sufrimento, bastaría con desenvolver unha sustancia que os bloquease; pero ningunha conseguiu un poder analxésico efectivo sen posuír efectos secundarios.

O Nav1.7 era un elemento clave na dor humana; pero tamén eran importantes  substancias como “os péptidos opioides". Na búsqueda dun fármaco, atoparon tamén unha mutación no xene SCN11A, que codifica outra canle de sodio, o Nav1.9 e que tamén está relacionada ca dor pero que non funciona igual co anterior; polo que a existencia de dúas mutacións diferentes complica o camiño para conseguir un analxésico universal.


Documental - Medicina tradicional, dosis de salud e identidad.


Reverter ou “resetear” o sistema inmunolóxico e curar a enfermidade de Crohm.


As enfermidades de orixe autoinmune (a artrite reumatoide, esclerose múltiple, psoriasis ou Crohn) orixínanse por un desafortunado erro do sistema inmunológico. Sen causa do todo ben coñecida, os linfocitos que vixían ante a chegada de invasores externos confunden como estraña algunha molécula dunha célula propia do organismo, e activan unha resposta inmunológica contra ela. Como ocorre coas vacinas, créanse uns linfocitos de memoria especialmente deseñados para atacar esas células, quedando latentes polo fluxo sanguíneo e producindo periodicamente brotes que lesionan o tecido afectado.
No hospital Clinic de Barcelona,  o equipo da doutora Elena Ricart. estaba desenvolvendo un tratamento sinxelo: primeiro obter células nai hematopoéticas da medula do paciente, despois destruír por completo o seu sistema inmunológico mediante quimioterapia como se fai en casos de leucemia e, a continuación, trasplantar as células nai para rexenerar un novo sistema inmune sen a memoria do vello, esperando que non ataque ao organismo.
Os médicos consideran que é un tratamento perigoso que só está xustificado en casos moi delicados; pois destrúe todo o sistema inmune.

O gran reto científico é pescudar por que algúns pacientes responden ben a este tipo de tratamento e outros non tanto e tamén  poder saber de antemán quen se vai a beneficiar, e lograr unha terapia igual de eficiente pero máis dirixida e menos agresiva. O obxectivo final é buscar o proceso que eliminen só aquilo que interesa eliminar.

viernes, 2 de diciembre de 2016

Medicamento para que as flatulencias cheiren como flores ou chocolate.


A pílula foi pensada e creada por Christian Poincheval, un francés de 65 anos, tras unha viaxe con amigos na que as comidas eran moi pesadas e a aparición das flatulencias facíase cada vez máis desagadable.
Tentando buscar unha solución foi a ver a un científico para estudar de que maneira podíase inventar un remedio natural que resolva este problema tan común. Xuntos, combinaron distintos ingredentes que poderían reducir o mal cheiro das flatulencias e despois de meses de experimentación, Poincheval creou a receita das súas pílulas.
Comezou a vendelas en 2006 cunha fragrancia chamada “rosas perfumadas”. Recentemente agregou a fragrancia “Chocolate”. Esta nova pastilla está feita de carbón vexetal, fiúncho, algas, resina vexetal, arándanos e ralladura de cacao.
 Poincheval afirma que o remedio é moi popular. Cada envase contén 60 comprimidos e ten un custo pouco elevado (9.99 euros). Ten moi boa venda, e hai clientes queren mercalas, algúns que padecen este problema e teñen serios problemas cos seus cheiros, mentres que outros o usan para regalalo en forma de broma.

Poincheval considera que o seu novo inventou debe ser un dos agasallos ideais para estas Festas.

Científicos españois descobren a acción dunha proteína no alzheimer.

Un equipo de investigadores da Universitat Jaume I de Castellón descubriu a acción dunha pequena proteína do cerebro, a relaxina-3, sobre as neuronas que resultan danadas nas primeiras fases do Alzheimer.
A relaxina-3 é unha proteína do sistema nervioso que ten entre as súas principais funcións regular a memoria espacial a curto prazo nunha área concreta do cerebro. A investigación revelou que cando esta proteína está sobreexpresada pode eliminar a memoria espacial, cuxa perda é un dos signos do Alzheimer.

Os científicos da Universitat Jaume I (UJI) usaron unha técnica innovadora que permitiu identificar as neuronas que son activadas especificamente por relaxina-3 e que, á vez, son as mesmas que morren primeiro durante a enfermidade de Alzheimer". Os investigadores tamén acharon de maneira paralela relacións entre a relaxina-3 e a tensión (stress).

A maternidade ata cando?

Nunha sociedade avanzada como a nosa ser nai a certa idade supón unha aventura de incerto percorrido. Tentar ser nai a partir dunha idade avanzada, mediante técnicas de fecundación in vitro, pódese considerarse que é un pulso que se lle bota á bioloxía, poñendo a probas os seus límites. Non hai que minimizar, por suposto, os riscos dun embarazo tardío. Pero a casuística xa é ampla e inclúe bastantes casos de maternidade despois dos 60 e mesmo un caso despois dos 80. Estas nais son un testemuño vivente das moitas barreiras que o medicamento é capaz de superar.
As mulleres xa nos gustaría quedar libres, como os homes, do reloxo biolóxico, pero o certo é que os médicos establecen un tempo idóneo para xestar, antes dos 35 anos. A partir de aí a fertilidade declina, pero as técnicas da fecundación asistida permiten agora sortear esas barreiras

Esta realidade fainos pensar que unha maternidade tan tardía presenta máis problemas sociais e éticos que médicos. 

A contaminación ataca á fertilidade humana.

A contaminación do aire ameaza a perpetuación da especie ou polo menos, dificúltaa en gran medida. Máis aló das enfermidades respiratorias ou dos tumores de pulmón, cuxa vinculación coa mala calidade do aire é dabondo coñecida e admitida pola OMS, un grupo de investigadores barceloneses constataron que a polución atmosférica tamén afecta á fertilidade, tanto feminina como masculina e incrementa o risco de abortos.
O primeiro estudo alerta dos efectos ambientais das partículas finas, do dióxido de nitróxeno, do dióxido de sulfuro e do monóxido de carbono sobre a fertilidade. Todos eles reducen a taxa de fertilidade e aumenta o risco de aborto e mesmo en mulleres fértiles que nas que recorren a técnicas de fecundación in vitro.
Nun segundo estudo, a investigación centrouse na calidade do esperma tras avaliar a exposición aos mesmos parámetros de contaminación e conclúen que  os niveis de contaminación repercuten nos espermatozoides, en canto ao número, a mobilidade e a súa deformidade. Ademais, estudos máis específicos atoparon que o ADN destes espermatozoides está fragmentado.

Esta constatación do impacto da contaminación sobre a fertilidade humana serve  para os novos estudos que se realizan a nivel europeo.