Buscar este blog
domingo, 20 de noviembre de 2016
sábado, 19 de noviembre de 2016
HVAD: o corazón artificial que evita os trasplantes.
No Hospital Porta del Hierro de
Madrid instalaron un corazón artificial
duradeiro a un paciente cunha
insuficiencia cardíaca avanzada. A operación durou unhas dúas horas e foi máis
sinxela que a necesaria para outros modelos, que requiren abrir todo o
esternón.
Este dispositivo é unha potente turbina que se coloca como
complemento ao corazón, de maneira que o órgano poida bombear máis e mellor.
Instálase no ventrículo esquerdo para axudar no fluxo de sangue da aorta.
Aliméntase de dúas baterías (que se poden recargar en calquera enchufe ou mesmo
desde o chisqueiro dos coches) que teñen unha longa autonomía. Tamén se
complementa cun pequeno ordenador (que dá lecturas das revolucións por minuto
que ten a bomba e os watios que está a consumir). Todo cabe nun bolso que leva
a modo de bandoleira e que pesa algo máis dun quilo. O computador e o corazón
están unidos mediante un cable que lle sae ao paciente polo costado.
Este corazón diferénciase do resto
porque grazas aos avances tecnolóxicos, son aparellos de última xeración e son
aptos para terapias ponte, é dicir, para que duren un ou dous anos ata que
chegue o transplante (algo fundamental nun país no que o tempo medio de espera
é duns 140 días), e tamén para terapias de destino, ou o que é o mesmo, nas que
se coloca o dispositivo de forma definitiva.
As pequenas dimensións do aparello e a
súa avanzada tecnoloxía permiten aventurar que estes modelos poidan substituír
ao anterior rapidamente.
Camiñar despois dunha lesión medular.
Cientificos logran mediante unha
interface cerebro-medula espinal que un
mono cunha lesion medular volva camiñar.
O experimento consistiu no implante dun
pequeno dispositivo na cortiza motora que recolle os sinais e un neurosensor
inalámbrico envíaas a un computador que as decodifica e as reenvia tamén de
forma inalámbrica a un estimulador implantado na medula por baixo da lesión.
Outra característica moi interesante do experimento é que tanto o sensor
cerebral como o estimulador son dispositivos usados en humanos na actualidade o
do cerebro en tratamento do parkinson e o estimulador en control da dor, o que
posibilita de forma inmediata as probas en humanos.
Usamos correctamente os antibióticos?
A resposta a esta pregunta é un NON contundente.
O mal uso dos antibioticos está levando a Europa a unha Era POSTANTIBIOTICA
As "superbacterias" é dicir as bacterias resistentes a varias familias de
antibióticos, están sendo as responsables de
mais de 25.000 mortes en Europa o ano pasado. Que está pasando?. Os medicamentos deixaron de ser efectivos?
Pois SI. Se non aparecen novas familias de antibióticos efectivos estas
superbacterias poderían matar no 2050 a
máis de 10 millóns de persoas ano no mundo.
Este problema débese ó mal uso e ó abuso que a poboación está facendo
dos antibióticos.
Estamos afeitos a tomalos cando non fan falta ou á
interrupir a duración do tratamento cando vemos melloría na saúde sen completar o seu ciclo de acción. Só en España, un 45 por cento da
poboación cre gracias a eles pódesen matar os virus ou que son efectivos contra o
arrefriado e contra a gripe.
Constatouse unha correlación entre o maior consumo de antibióticos e o
aumento das resistencias aos antibióticos chamados carbapenémicos considerados
como ultimo recurso pasando do 6,2 % de media ao 8.1% sendo Grecia co 50% o
país mais afectado.
Pero ademais, hai que sinalar que o recurso a antibióticos antigos que deixaran de usarse polos seus
efectos secundarios tamén se esta acabando.
Un supercomputador para curar o cancro.
A universidade de Texas, usou o
superordeandor “Stampede” do centro de
Computación Avanzada desa cidade para buscar a reactivación dun supresor
tumoral que no 50% dos casos está inactivo nos procesos tumorales.
“Trátase dun supresor tumoral importante-
explica Rommie Amaro, da Universidade de
Texas- que mutou e está inactivo en todos os cancros humanos. Por tanto a
procura da súa reactivación foi un logro que a oncoloxía perseguiu durante
moito tempo”.
Amaro bautizou
á proteína p53 como o “gardián do xenoma”, pois
no seu interior atópase o epicentro do mecanismo de supresión tumoral e
é unha proteína importante para a regulación da vida celular; xa que pode
detectar o dano que esta enfermidade provócalle a unha célula e controlar a súa
morte ou deter o seu ciclo. Pero se este está mutado, non pode detectalo e a
célula danada reprodúcese, provocando tumores.
É case
imposible ver de forma experimental que esconde a proteína 53 no seu interior,
pero grazas ao uso de Stampede conseguiuse e pode ser unha posible clave para
curar o cancro.
Por primeira
vez puidéronse ver interaccións directas entre unha rexión desta molécula e o
ADN e púidose comprender como se relaciona toda a proteína (e non só certas
áreas) co ADN.
“A
computación está a chegar ao momento no que pode ter un impacto no
desenvolvemento de novas terapias contra o cancro - conclúe Amaro. Dános unha mellor comprensión dos mecanismos
desta enfermidade e as formas de desenvolver posibles vías terapéuticas novas.
Cando a maioría da xente pensa en investigación oncolóxica, non pensa en
computadores, pero estes modelos chegaron a un punto no que poden ter un gran
impacto na ciencia”.
A crioxenización.
Hai uns días decatabámonos que unha moza
de 14 anos vítima de cancro quería ser conxelada de forma criogénica e, inmediatamente todos dubidamos se esa decisión realmente
tiña lóxica e sentido.
A
criogenización baséase en conxelar corpos coa esperanza de que no futuro poidan
volver á vida. Pero, pódese
conxelar un corpo enteiro?
Se pensamos nos trámites e
procedementos que se requiren nunha
operación de transplante, a resposta é
NON. Os científicos saben que poden
existir certas dificultades para conxelar algúns órganos porque as súas
estruturas poden verse afectadas; canto máis se é a superficie é maior e máis
complexa como o corpo humano.
A día de hoxe, os órganos (e o corpo, en
xeral) non se poden conxelar porque a auga que conteñen, ao chegar ao momento
de conxelación, aumenta de volume e destrúe as estruturas celulares e os
mecanismos fisiológicos. É certo que existe un proceso de crioxenización (a
vitrificación) que impide a formación do xeo mediante o uso dun xel
anticongelante a -196 graos. O problema
é que de momento a ciencia só puido vitrificar órganos embrionarios de animais.
Así que, tendo en conta esta información parece lóxico pensar que actualmente
resulta complicado conxelar un corpo enteiro sen esnaquizar as súas estruturas
internas no proceso.
Entón, que hai de certo no movemento
criogénico?. É dicir, estamos ante unha esperanza plausible, ante un mito que
non fai dano a ninguén ou ante un fraude? A resposta non é sinxela na medida en
que, como é lóxico, non podemos predicir o futuro.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
