Buscar este blog

viernes, 27 de enero de 2017

O proceso para ser donante.


Doazón de médula, un xesto que da vida.


España é o país con maior taxa de doazón de órganos de todo o mundo.
O transplante de medula ósea, co nome técnico de transplante de proxenitores hematopoiéticos (células proxenitoras do sangue) é un dos máis sinxelos.

Para iso, en primeiro lugar sométese ao paciente a un réxime de quimioterapia ou radio-quimioterapia e logo procédese á transfusión das células sas.

O obxectivo principal do transplante é reemprazar a medula ósea do enfermo, que fabrica células hematopoiéticas malignas, por unha medula sa.

Este tipo de transplante lévase a cabo para intentar curar enfermidades do sangue que non poden tratarse por outros medios, como leucemias,síndromes mielodisplásicos, talasemias ou linfomas.
Para todos estes casos, o ideal é atopar un donante entre os seus familiares máis directos pero unicamente no 30% dos casos atópase un donante familiar totalmente compatible. Desta forma, o 70% restante necesitará dun donante non emparentado que se buscará no Rexistro de Donantes de Medula Ósea (REDMO).

O proceso para ser donante é moi simple:
1º-inscribirse nos centros de referencia de cada Comunidade, que só admiten as solicitudes de persoas cuxa idade oscile entre os 18 e 55 anos e gocen de boa saúde xeral.
2º- fará falta unha mostra de sangue (como no caso dunha analítica normal).
3º- Inscribirse no rexistro non implica a donación xa que esa análise de sangue previo serve para comprobar a compatibilidad HLA (grado de identidade entre o donante e o receptor) do sangue coa dos pacientes que están buscando donante.

Se non se atopase unha persoa compatible, hoxe en día, grazas ás diferentes tecnoloxías que se han ir desenvolvendo nos últimos anos pódese realizar un transplante haploidéntico, é dicir, dun familiar que sexa polo menos un 50% compatible (Este tipo de transplantes ten lugar sempre que non haxa un donante idéntico  ou si hai urxencia por levalo a cabo).

A doazón de proxenitores hematopoiéticos pódese levar a cabo de dous xeitos: ben extraendo sangue medular a través de puncións das cristas ilíacas (na pelves); ou ben obtendo as células nai do sangue periférica.Esta última opción, a máis empregada.


Catro días antes do día  no que se efectúa a doazón, o donante sométese a unhas inxeccións de factores de crecemento que estimulan a medula ósea e fan que as células proxenitoras do sangue pasen ao torrente sanguíneo. Deste xeito, estes proxenitores que circulan no sangue periférica poden recollerse a través dun equipo.O procedemento dura entre dous e tres horas e unha vez que está todo listo se infunde "en fresco" no paciente. O donante pódese ir á súa casa e facer vida normal.

viernes, 20 de enero de 2017

A mestura de bebida enerxética e alcohol afecta o cerebro igual que a cocaína.

O consumo de bebidas enerxéticas mesturadas con alcohol pode alterar o cerebro dos adolescentes a longo prazo

Beber refrescos enerxéticos cun alto contido en cafeína e alcohol pode afectar ao cerebro dos adolescentes igual que si consumisen cocaína. Ademais, este hábito pode alterar a capacidade de controlar o consumo de sustancias gratificantes, como o alcohol e as drogas na adultez.

A investigación levada a cabo con ratos adolescentes na Universidade Purdue constata  que parece que ambas sustancias xuntas provocan cambios no comportamento e na neuroquímica do cerebro», sinala Richard Van Rijn, autor principal do estudo.

Os investigadores comprobaron que a exposición repetida a bebidas alcohólicas cun alto contido en cafeína provocaba que os ratos adolescentes  se volvesen máis activos, efecto similar ao que mostran cando son expostos á cocaína. Así mesmo, observaron un incremento nos niveis da proteína fosB, marcador das alteracións a longo prazo na neuroquímica do cerebro e que aparece aumentada nas persoas que abusan do alcohol ou das drogas. « Esta é unha das razóns polas que aos consumidores de drogas cústalles tanto deixalas; polos cambios a longo prazo no cerebro», apunta Van Rijn.

Unha vez adultos, eses mesmos ratos mostraron unha preferencia pola cocaína diferente: eran menos sensibles aos seus efectos pracenteiros. Aínda que este achado parece positivo, suxire que os roedores que de adolescentes consumiran bebidas alcohólicas cun alto contido en cafeína necesitaban unha maior dose de cocaína para conseguir a mesma sensación que un rato que non bebera esas sustancias durante a súa mocidade. Os investigadores confirmaron este efecto nun segundo experimento.

Os autores prevén seguir estudando as consecuencias prexudiciais que as sustancias psicoestimulantes legais poden comportar para o cerebro dos adolescentes.

Os bocexos "refrixeran” o cerebro.

Bocexar é esa acción involuntaria na que inspiramos de forma lenta e profunda, logo abrimos a boca e deixamos escapar o aire cunha exhalación de xeito ruidoso, ou non, que adoita durar uns segundos. E, ademais, é o acto que determina o peso do noso cerebro.

Segundo un estudo recente da Universidade Estatal de Oneonta, Nova York, publicado en Biology Letters, grazas a duración do bocexo podemos saber cal é  o peso do cerebro e o número de neuronas corticaiss en mamíferos. 
Pero, para que serve bocexar? “É un mecanismo de refrixeración do cerebro”, afirma Andrew Gallup, profesor desa universidade e líder da investigación.

A diferenza na duración do bocexo de animais mamíferos con cerebro máis grande pode responder a un aumento das capacidades cognitivas e a un repertorio variable de comportamentos.

O científico sostén que a duración dos bocexos parece estar especificamente ligada coa variación de tamaño e complexidade do cerebro, pero sobre todo, o factor máis importante é o número das neuronas. Por iso, no caso dos seres humanos, con 10.000 millóns de neuronas na cortiza cerebral, a media está ao redor dos seis segundos, en contraposición aos bocexos dos ratos, cuxa duración é menor a dous segundos.

As estruturas do cerebro que entran en xogo cando bocexamos están no tronco cerebral. Bocexar está baixo o control de diferentes neurotransmisores no núcleo do hipotálamo, que se atopa no encéfalo e que ademais controla o sistema nervioso.

Os investigadores creen que as consecuencias neurolóxicas de bocexar, como a refrixeración cerebral ou a circulación de sangue intracraneal, afectan a toda a estrutura cerebral?

É bo cruxirse as articulacións?


O uso continuado de roupa axustada pode ter consecuencias negativas para a saúde.

O Colexio Profesional de Fisioterapeutas da Comunidade de Madrid (CPFCM) advirte, a través dun vídeo-consello, das consecuencias dun uso abusivo da roupa axustada dentro da campaña «12 meses, 12 consellos de saúde» do CPFCM e os colexios profesionais de fisioterapeutas de Cataluña, País Vasco, Navarra e Galicia.

Para os fisioterapeutas, un primeiro indicio de que usamos roupa cinguida  é ter marcas na pel. O excesivo uso deste tipo de roupa pode traer problemas circulatorios como inchazóns ou retornos venosos que poden favorecer a aparición de varices ou celulitis. Vestir de xeito habitual este tipo de roupa pode provocar alteracións xinecolóxicas, xa que ao favorecer a falta de transpiración pode producir a aparición de fungos.

Por outra banda, debemos prestar atención á altura á que abotoamos o pantalón ou a saia. Neste sentido, o secretario xeral do CPFCM destaca  que levar a roupa moi cinguida limita o libre movemento da cadeira e a columna lumbar e isto pode producir dor na zona e a longo prazo pode causar molestias noutras partes do corpo.

Na zona torácica esta vestimenta pode producir problemas respiratorios ao dificultar o movemento fisiolóxico de expansión costal e evitar unha correcta respiración diafragmática. Deste xeito é aconsellable levar unha correcta talla do axustador xa que unha talla incorrecta pode provocar problemas na columna dorsal e dificultar a respiración. Unha mala talla pode activar os puntos gatillo que causan dor na cabeza e no ombreiro, pola compresión. 
A roupa axustada pode obstaculizar unha correcta dixestión ao favorecer o refluxo gástrico con sensación de acidez. «O uso inadecuado da talla da roupa pode causar unha diminución da circulación sanguínea que xera un aumento de tensión ocular e da tensión da musculatura do pescozo», agrega o secretario xeral do CPFCM.

domingo, 15 de enero de 2017

Cancros que resisten á quimioterapia.

A introdución da quimioterapia do cancro supuxo unha revolución para o tratamento desta enfermidade naqueles casos nos que a curación non era posible só coa mera extirpación do tumor e  demostrouse efectiva nun amplo abano de pacientes; porén un dos seus principais problemas é a aparición de resistencia contra o medicamento antitumoral usado.

Un novo estudo, desenvolvido por científicos do Instituto de Investigación Biomédica de Bellvitge (IDIBELL), revela unha causa da resistencia múltiple na quimioterapia do cancro.

O traballo foi publicado no Proceedings of the National Academy of Science (PNAS), e realizado polo grupo de Manel Esteller, director do programa de Epigenética e Biología do Cancro (PEBC) do IDIBELL, investigador ICREA e profesor de Xenética da Universidade de Barcelona.
Sábese que existen tumores que presentan unha resistencia cruzada contra distintos fármacos dende o momento en que xorden e aínda que non se comezase cun tratamento.  
“Atopamos un 10% de tumores de colon e estómago que presentan a perda dunha molécula denominada TP53TG1, cuxa función en células sas é previr a activación da proteína YBX1. Sen esta molecula, a proteina YBX1 encárgase de ir ao núcleo da célula e activar centenares de oncóxenos que impedirán a morte das células malignas que inducen os fármacos antitumorales,”comenta Manel Esteller.

O espectro de resistencias inducidos por este mecanismo é extenso e inclúe fármacos usados no tratamento común deste tipo de cancros ( o 5-fluorouracilo, o oxiplatino ou o irinotecán), pero tamén medicamentos dirixidos ás dianas moleculares recentes (tales como os inhibidores de quinasas).  A partir dos resultados publicados en PNAS, explica Esteller, fáltanos por estudar si queda algún fármaco que se escape a este mecanismo de quimioresistencia múltiple e tamén explorar si devolver a actividade da molécula TP53TG1 significaría recobrar a sensibilidade destes tumores aos fármacos analizados, o que representaría un beneficio clínico para estes pacientes.