Buscar este blog

sábado, 4 de febrero de 2017

Pódemos ser alérxicos á auga?


De todas as alerxias que existen no mundo, a urticaria acuaxénica ou alerxia á auga é das máis curiosas. Apenas 30-40 persoas no mundo foron diagnosticadas con esta estraña patoloxía, que se manifesta cunha forte urticaria (ronchas con picazón) ao entrar en contacto con auga (por camiñar baixo a choiva, por ducharse ou mesmo polo simple feito de suar ou de chorar).

Por que se produce a alerxia á auga?
Aínda que non hai evidencias claras, a comunidade científica suxire que podería ter compoñentes xenéticos, especificamente no cromosoma 2q21. Con todo, os Institutos Nacionais de Saúde informan que a enfermidade de cando en cando dáse nas familias.
A aparición desta alerxia adoita ter lugar na puberdade e as mulleres teñen maior incidencia que os homes.
Hai tratamento?
O tratamento é máis ben limitado, aínda que, segundo os Institutos Nacionais de Saúde, os antihistamínicos e os esteroides demostraron ser bastante útiles para algúns afectados. Ademais, os tratamentos con luz UVB e empregar unha crema como barreira, tamén pode axudar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario