Foi atopado na rexión
sudafricana coñecida como “O berce da Humanidade”. Os investigaodres atoparon un
tipo de cancro moi agresivo coñecido como “osteosarcoma” no óso do dedo do pé
dun parente humano que morreu na cova de Swartkrans, cunha antigüidade de entre
1,6 e 1,8 millóns de anos. O descubrimento foi publicado recentemente no South African Journal of
Science. O equipo de científicos manifestou
que o cancro é unha enfermidade moito máis antiga do que se estimaba, como o
demostra os restos óseos atopados que se corresponden a un dos primeiros
devanceiros humanos, o Homo ergaster ou Paranthropus robustus,
Polo xeral asumíase que o
cancro é unha enfermidade da sociedade moderna, porén despois deste
descubrimento os investigadores suxiren
o contrario.
No hay comentarios:
Publicar un comentario