Buscar este blog

viernes, 27 de enero de 2017

Por que nos namoramos?

Desde o punto de vista bioquímico, o namoramento comeza na cortiza cerebral. Posteriormente pasa ao sistema endocrino e transfórmase nunha resposta fisiolóxica e en cambios químicos orixinados pola segregación de dopamina no hipotálamo.
Durante polo menos a primeira fase, o amor é unha reacción química. Unha sustancia do noso cerebro chamada feniletilamina, obriga a segregar dopamina cuxos efectos son parecidos ás “anfetaminas” que producen o estado de euforia natural cando estamos coa nosa parella.

Pero todos entendemos que namoramento comeza cunha atracción física seguida por unha atracción persoal. O namoramento dispárase cando existe o coñecemento ou sospeita de que hai ou pode haber reciprocidade.
As características principais do namoramento son sintomáticas. Por iso varios científicos sociais han construído unha serie de modelos teóricos que describen e explican o namoramento.
Cando un namórase sofre as seguintes reaccións:
-Intenso desexo de intimidade e unión física co individuo.
-Desexo de reciprocidade.
-Temor ao rexeitamento.
-Frecuentes pensamentos do individuo que interfiren na súa actividade diaria.
-Perda da concentración.
-Forte actividade fisiolóxica ante a presenza do individuo.
-Ten como único centro de atención ao outro individuo.
-Idealización do individuo.
Entón, este proceso é unha mestura na que por unha parte temos un compoñente biolóxico e polo outra,o gran compoñente social, que en definitiva é o que máis nos importa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario