Buscar este blog

viernes, 20 de enero de 2017

A mestura de bebida enerxética e alcohol afecta o cerebro igual que a cocaína.

O consumo de bebidas enerxéticas mesturadas con alcohol pode alterar o cerebro dos adolescentes a longo prazo

Beber refrescos enerxéticos cun alto contido en cafeína e alcohol pode afectar ao cerebro dos adolescentes igual que si consumisen cocaína. Ademais, este hábito pode alterar a capacidade de controlar o consumo de sustancias gratificantes, como o alcohol e as drogas na adultez.

A investigación levada a cabo con ratos adolescentes na Universidade Purdue constata  que parece que ambas sustancias xuntas provocan cambios no comportamento e na neuroquímica do cerebro», sinala Richard Van Rijn, autor principal do estudo.

Os investigadores comprobaron que a exposición repetida a bebidas alcohólicas cun alto contido en cafeína provocaba que os ratos adolescentes  se volvesen máis activos, efecto similar ao que mostran cando son expostos á cocaína. Así mesmo, observaron un incremento nos niveis da proteína fosB, marcador das alteracións a longo prazo na neuroquímica do cerebro e que aparece aumentada nas persoas que abusan do alcohol ou das drogas. « Esta é unha das razóns polas que aos consumidores de drogas cústalles tanto deixalas; polos cambios a longo prazo no cerebro», apunta Van Rijn.

Unha vez adultos, eses mesmos ratos mostraron unha preferencia pola cocaína diferente: eran menos sensibles aos seus efectos pracenteiros. Aínda que este achado parece positivo, suxire que os roedores que de adolescentes consumiran bebidas alcohólicas cun alto contido en cafeína necesitaban unha maior dose de cocaína para conseguir a mesma sensación que un rato que non bebera esas sustancias durante a súa mocidade. Os investigadores confirmaron este efecto nun segundo experimento.

Os autores prevén seguir estudando as consecuencias prexudiciais que as sustancias psicoestimulantes legais poden comportar para o cerebro dos adolescentes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario