Bocexar é esa acción involuntaria na que inspiramos de forma lenta e profunda, logo abrimos a boca e deixamos escapar o aire cunha exhalación de xeito ruidoso, ou non, que adoita durar uns segundos. E, ademais, é o acto que determina o peso do noso cerebro.
Segundo un estudo recente da Universidade Estatal de Oneonta, Nova York, publicado en Biology Letters, grazas a duración do bocexo podemos saber cal é o peso do cerebro e o número de neuronas corticaiss en mamíferos.
Pero, para que serve bocexar? “É un mecanismo de refrixeración do cerebro”, afirma Andrew Gallup, profesor desa universidade e líder da investigación.
A diferenza na duración do bocexo de animais mamíferos con cerebro máis grande pode responder a un aumento das capacidades cognitivas e a un repertorio variable de comportamentos.
O científico sostén que a duración dos bocexos parece estar especificamente ligada coa variación de tamaño e complexidade do cerebro, pero sobre todo, o factor máis importante é o número das neuronas. Por iso, no caso dos seres humanos, con 10.000 millóns de neuronas na cortiza cerebral, a media está ao redor dos seis segundos, en contraposición aos bocexos dos ratos, cuxa duración é menor a dous segundos.
As estruturas do cerebro que entran en xogo cando bocexamos están no
tronco cerebral. Bocexar está baixo o control de diferentes neurotransmisores
no núcleo do hipotálamo, que se atopa no encéfalo e que ademais controla o
sistema nervioso.
Os investigadores creen que as consecuencias neurolóxicas de bocexar,
como a refrixeración cerebral ou a circulación de sangue intracraneal, afectan
a toda a estrutura cerebral?
No hay comentarios:
Publicar un comentario