Enxeñeiros da Universidade de Northwestern de EEUU desenvolveron un
“laboratorio de pel”, un dispositivo adherente, suave e flexible que mide a
suor do usuario para rexistrar como o seu corpo responde ao exercicio físico.
Permitirá ás persoas monitorear o seu estado de saúde in situ, sen necesidade
de tomar mostras de sangue.
O pequeno dispositivo de baixo costo analiza máis concretamente os
biomarcadores clave para determinar si unha persoa debe realizar algún axuste,
como beber máis auga ou repoñer electrolitos ou si algo está fallando, desde o
punto de vista médico.
Deseñado para un só uso dunhas poucas horas, o dispositivo, colocado
directamente sobre a pel do antebrazo ou das costas, ata detecta a presenza dun
biomarcador da fibrosis quística. Por iso, nun futuro, os seus creadores pensan
que podería usarse para o diagnóstico desta enfermidade.
O dispositivo tamén pode almacenar mostras para análises de laboratorio
posteriores, si é necesario. Ademais, non precisa dunha fonte de alimentación
para mostrar os resultados: basta cunha cámara de teléfono intelixente que
rexistre as cores, que se producen cando
o pH e concentracións de glucosa, cloruro e lactato do suor reacciona cos
reactivos químicos, e unha aplicación
que os interprete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario