Grazas aos avances cientifícos e tecnolóxico xa se
conseguiu fabricar o primeiro micromarcapasos plenamente implantable en fetos
cun bloqueo cardíaco completo. Os seus creadores do Hospital Pediátrico de Los
Ángeles fixeron probas preclínicas así como unha optimización do dispositivo e
calculan que o primeiro uso humano do dispositivo materializarase nun futuro
próximo.
Con cada latexo dun corazón san, un sinal eléctrico
pasa das cámaras superiores ás inferiores do corazón e co movemento deste
sinal, o corazón contráese e bombea sangue. Un bloqueo cardíaco conxénito é un
defecto do sistema eléctrico do corazón que se orixina no feto en
desenvolvemento, e que fai moito máis lento o ritmo do corazón, prexudicando
así á súa capacidade de bombear sangue.
Aínda que o trastorno pode diagnosticarse no útero,
todos os intentos de tratalo cun marcapasos estándar fracasaron pois estes
foron deseñados para adultos. A situación
grazas aos estudos desenvolvido
polo equipo do Dr. Yaniv Bar-Cohen, cardiólogo pediatra no Hospital Pediátrico
de Los Ángeles (Children`s Hospital Los Angeles), adscrito á Universidade do
Sur de California, en Estados Unidos;
vai orixinar un cambio
importante no tratamento desta patoloxía. O novo marcapasos pode ser
implantado no útero, potencialmente sen dano algún para o feto ou a nai. Este
aparello novo proporciona unha oportunidade real de evitar o aborto espontáneo
e o nacemento prematuro en bebés afectados por anomalías desta clase.
No hay comentarios:
Publicar un comentario