O feito é contraintuitivo: o alcol ten moitas calorías (unha cervexa apenas 50 kcal, pero un combinado de ron pode pasar das 440) e cando consumimos calorías, o noso corpo libera químicos que anulan a sensación de fame. Pero neste caso ocorre o contrario.
Un equipo, liderado por Denis Burdakov, do Instituto Francis Crick de Londres, someteu a un grupo de ratos a tres días de dieta alcohólica e logo deulles a comida de sempre.
Os resultados mostraron que os ratos comeron bastante máis que aqueles que se mantiveron sobrios; polo que pensaron que as bebidas que posúen alcol poderían activar algúns circuítos do cerebro, especificamente a proteína AgRP (r-agouti) que actúa estimulando o apetito.Para probar esta hipótese, bloquearon este neuropéptido, o que fixo que os ratos pasados de bebida, deixasen para comer.
Debido a que o estudo se ha centrado en roedores, aínda é necesario realizar probas en humanos para ver se os motivos son similares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario