O transplante de medula ósea, co nome técnico de transplante de
proxenitores hematopoiéticos (células proxenitoras do sangue) é un dos máis
sinxelos.
Para iso, en primeiro lugar sométese ao paciente a un réxime de
quimioterapia ou radio-quimioterapia e logo procédese á transfusión das células
sas.
O obxectivo principal do transplante é reemprazar a medula ósea do
enfermo, que fabrica células hematopoiéticas malignas, por unha medula sa.
Este tipo de transplante lévase a cabo para intentar curar enfermidades
do sangue que non poden tratarse por outros medios, como leucemias,síndromes
mielodisplásicos, talasemias ou linfomas.
Para todos estes casos, o ideal é atopar un donante entre os seus
familiares máis directos pero unicamente no 30% dos casos atópase un donante
familiar totalmente compatible. Desta forma, o 70% restante necesitará dun
donante non emparentado que se buscará no Rexistro de Donantes de Medula Ósea
(REDMO).
O proceso para ser donante é moi simple:
1º-inscribirse nos centros de
referencia de cada Comunidade, que só admiten as solicitudes de persoas cuxa
idade oscile entre os 18 e 55 anos e gocen de boa saúde xeral.
2º- fará falta unha mostra de
sangue (como no caso dunha analítica normal).
3º- Inscribirse no rexistro non
implica a donación xa que esa análise de sangue previo serve para comprobar a
compatibilidad HLA (grado de identidade entre o donante e o receptor) do sangue
coa dos pacientes que están buscando donante.
Se non se atopase unha persoa compatible, hoxe en día, grazas ás
diferentes tecnoloxías que se han ir desenvolvendo nos últimos anos pódese realizar
un transplante haploidéntico, é dicir, dun familiar que sexa polo menos un 50%
compatible (Este tipo de transplantes ten lugar sempre que non haxa un donante
idéntico ou si hai urxencia por levalo a
cabo).
A doazón de proxenitores hematopoiéticos pódese levar a cabo de dous xeitos: ben extraendo sangue medular a través de puncións das cristas ilíacas (na pelves); ou ben obtendo as células nai do sangue periférica.Esta última opción, a máis empregada.
Catro días antes do día no que se efectúa a doazón, o donante sométese a unhas inxeccións de factores de crecemento que estimulan a medula ósea e fan que as células proxenitoras do sangue pasen ao torrente sanguíneo. Deste xeito, estes proxenitores que circulan no sangue periférica poden recollerse a través dun equipo.O procedemento dura entre dous e tres horas e unha vez que está todo listo se infunde "en fresco" no paciente. O donante pódese ir á súa casa e facer vida normal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario