Buscar este blog
viernes, 27 de enero de 2017
As dietas ricas en lípidos aceleran a metástase do cancro.
Un estudo, do Instituto de Investigación Biomédica (IRB) de Barcelona e do Instituto de Investigación do Hospital Vall d'Hebron de Barcelona publicado na revista Natura, demostra que unha dieta rica en lípidos acelera o proceso de extensión do cancro no corpo e fai que sexa máis agresivo; pois estas células tumorais necesitan graxa para facer metástase.
O principal investigador do grupo «Células nai e cancro» do IRB, Salvador Aznar Benitah, explicou este mércores 7 de decembro nunha roda de prensa que os seus ensaios con ratos con cancro demostraron que unha dieta máis rica en graxas acelera a metástases ata un 15 % e fai que esta sexa máis agresiva.
O primeiro obxectivo da investigación foi atopar as células causantes da metástases e indicar as súas propiedades. Logo atoparon que a proteína CD36, é a receptora dos ácidos grasos, e está presente en niveis moi altos nas células tumorais. Finalmente os profesionais probaron unha terapia para illar a proteína que capta esta graxa, e aplicaronlle anticorpos a esta proteína co fin de bloquear a porta de entrada das graxas.
Dos resultados obtidos, entre un 10 e un 15 % dos casos a metástase desaparece completamente e nos casos que non desaparece a súa extensión reduce case dun 90 %.
Actualmente estas terapias só aplicáronse en ratos e que aínda non están preparadas para facelo en pacientes. Neste casos necesítanse entre cinco e dez anos de ensaios clínicos e probas; aínda que xa hai unha unha empresa que se encargará de xerar anticorpos terapéuticos para que se poida comprobar a súa efectividade en pacientes humanos.
Nun primeiro momento probaríase a terapia cos pacientes con cancro de boca (é un dos máis agresivos e nalgúns casos deixa de responder ás terapias existentes), e nunha segunda fase faríase cos que padecen cancro de pel, de vexiga, de ovario, de pulmón e algúns cancros de mama.
A metástasis encárgase de afectar outras zonas do corpo diferentes de onde se atopou o tumor orixinal, polo que este estudo indica que si se eliminase esta proteína, encargada da metástasis, o tumor só poderá crecer no tecido de onde é orixinario, pero non poderá reproducirse noutros tecidos.
« Si temos un tumor con potencial a desenvolver metástasis ao alimentarnos excesivamente de lípidos pode incrementar o seu crecemento», «hai estudos que indican que a xente obesa e a xente con diabetes teñen máis posibilidades de xerar metástasis»; «o 90 % dos pacientes salvaríanse si se aplicase esta terapia»
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario