O líder en vendas de
envases é o medicamento Adiro, un antitrombótico coñecido para tratar problemas
cardíacos.
Séguenlle outros dos grandes
coñecidos dos botiquíns de todo fogar, o Nolotil que se utiliza como analxésico e contra a
febre.
Outro analxésico e
antiinflamatorio é o Enantyum que tamén entra na clasificación, igual que o
opioide Zaldiar, nuns postos máis baixos.
Ventolín, tamén é habitual o seu consumo; é un
dilatador das vías respiratorias que se utiliza fronte ao asma.
Porén , o rei é paracetamol; é o principio activo máis comercializado. Véndense
90,7 millóns de envases deste fármaco nas farmacias, o que significa que cada
español consome case dúas caixas destas pastillas ao ano.
Séguena o protector gástrico
omeprazol, e o antiinflamatorio e antipirético ibuprofeno, segundo a consultora
IMS Health. Esta mesma sinala que tamén tiveron moitas vendas un dos
medicamentos máis coñecidos, o ácido acetilsalicílico (que inclúe a Aspirina de
Bayer) e entre os antibióticos máis comercializado atópase a amoxicilina.
No hay comentarios:
Publicar un comentario