Ao redor dun 3-5% da poboación sa non experimenta
sensacións pracenteiras en resposta a
ningún tipo de música; isto coñécese co nome de anhedonia musical específica.
“As persoas anhedónicas non teñen problemas para
percibir e procesar correctamente a información contida nunha melodía
(intervalos ou ritmos) e presentan unha resposta de pracer normal ante outro
tipo de estímulos agradables (por exemplo, o diñeiro), pero non gozan cos
estímulos musicais”, explica Noelia Martínez-Molina, científica do grupo de
Cognición e Plasticidade Cerebral do Instituto de Investigación Biomédica de
Bellvitge e da Universidade de Barcelona (IDIBELL-UB) e autora principal do
estudo.
Aínda que xa se coñecía a existencia deste fenómeno,
non se sabía cal era o motivo polo que se producía. O estudo, efectuado por
este grupo de investigadores , en colaboración coa Universidade de McGill
(Montreal) e publicado na revista PNAS dá pistas sobre a importancia da música
a nivel evolutivo segundo a conexión entre as áreas auditivas e emocionais do
cerebro e determinan os mecanismos
cerebrais que explican a falta de sensibilidade á música.
A diminución de resposta pracenteira ante a música
dos participantes con anhedonia musical está relacionada cunha redución na
actividade do núcleo accumbens, unha estrutura subcortical clave do sistema de
recompensa. “Resulta interesante considerar a importancia evolutiva da conexión
entre as áreas auditivas, corticais, e o sistema máis primitivo de avaliación
emocional, subcortical”, comenta a investigadora. Esta conexión é moi clara nas
persoas hedónicas musicais (as que gozan coa música) e en cambio atópase
diminuída nas anhedónicas.
O vínculo entre áreas asegura que a música sexa
experimentada como algo moi gratificante, á vez que asegura a súa importancia a
nivel evolutivo, ata cando non parece evidente cal é a ganancia biolóxica desta
produción cultural”, conclúe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario