Buscar este blog

viernes, 20 de enero de 2017

O uso continuado de roupa axustada pode ter consecuencias negativas para a saúde.

O Colexio Profesional de Fisioterapeutas da Comunidade de Madrid (CPFCM) advirte, a través dun vídeo-consello, das consecuencias dun uso abusivo da roupa axustada dentro da campaña «12 meses, 12 consellos de saúde» do CPFCM e os colexios profesionais de fisioterapeutas de Cataluña, País Vasco, Navarra e Galicia.

Para os fisioterapeutas, un primeiro indicio de que usamos roupa cinguida  é ter marcas na pel. O excesivo uso deste tipo de roupa pode traer problemas circulatorios como inchazóns ou retornos venosos que poden favorecer a aparición de varices ou celulitis. Vestir de xeito habitual este tipo de roupa pode provocar alteracións xinecolóxicas, xa que ao favorecer a falta de transpiración pode producir a aparición de fungos.

Por outra banda, debemos prestar atención á altura á que abotoamos o pantalón ou a saia. Neste sentido, o secretario xeral do CPFCM destaca  que levar a roupa moi cinguida limita o libre movemento da cadeira e a columna lumbar e isto pode producir dor na zona e a longo prazo pode causar molestias noutras partes do corpo.

Na zona torácica esta vestimenta pode producir problemas respiratorios ao dificultar o movemento fisiolóxico de expansión costal e evitar unha correcta respiración diafragmática. Deste xeito é aconsellable levar unha correcta talla do axustador xa que unha talla incorrecta pode provocar problemas na columna dorsal e dificultar a respiración. Unha mala talla pode activar os puntos gatillo que causan dor na cabeza e no ombreiro, pola compresión. 
A roupa axustada pode obstaculizar unha correcta dixestión ao favorecer o refluxo gástrico con sensación de acidez. «O uso inadecuado da talla da roupa pode causar unha diminución da circulación sanguínea que xera un aumento de tensión ocular e da tensión da musculatura do pescozo», agrega o secretario xeral do CPFCM.

No hay comentarios:

Publicar un comentario