Os
alimentos procedentes da denominada Agricultura ou Gandería orgánicas adoitan
ser bastantes máis caros que os convencionais pero a súa porcentaxe de consumo
no mundo desenvolvido estase incrementando moi velozmente debido aos seus
preconizados efectos beneficiosos sobre a saúde. Pero,.. vale a pena o
sobreprecio como contrapartida aos efectos saudables?.
Segundo
as múltiples e variadas conclusións
dunha recente investigación publicada na revista British Journal of Nutrition
por un grupo de 25 científicos, pertencentes a diferentes institucións e
países, e con diferentes perfís profesionais, sabemos que:
1. No
caso de produtos lácteos non existen diferenzas significativas de acedos graxos
saturados e de ácidos graxos monoinsaturados entre os leites orgánicos e as
convencionais.
2. A concentración de acedos graxos poliinsaturados é un 7% maior nos leites de vaca orgánicas que nos leites de vaca convencionais. E a de ácidos omega-3 é un 56%.
2. A concentración de acedos graxos poliinsaturados é un 7% maior nos leites de vaca orgánicas que nos leites de vaca convencionais. E a de ácidos omega-3 é un 56%.
3. Os aumentos de concentracións na composición graxa teñen pouco efecto sobre a nosa dieta global. Como media adoitamos consumir uns 2,2 gramos de ácidos omega-3 por día e o cambio do leite convencional á orgánica significaría un aumento de 33 mg, é dicir, só un 1,5 % do total, o que dificilmente poderíase cualificar como unha vantaxe nutricional.
4. O contido en iodo do leite orgánico é menor que o da convencional. Medio litro de leite diarios de leite convencional fornece un 88% do total das nosas necesidades diarias. No caso do leite orgánico tan só un 53%.
5. Son os sistemas de coidado e o tipo de alimentación do gando mais que a orixe dos alimentos sexa orgánica ou convencional, o que está máis relacionado cos beneficios saudables dos alimentos.
6.
As normas orgánicas establecen que a dieta dos animais debe conter un 60% de
herba fresca ou almacenada; e, o trébol usado en lugar dos fertilizantes
químicos, para fixar o nitrógeno parece ser o responsable do aumento das
concentracións de ácidos omega -3 na
carne e no leite.
7. As diferenzas no contido como os ácidos grasos ou o iodo débense a elección da comida, non o método da agricultura ecolóxica; o que fai a diferenza é o tipo de alimentación (herba, forraxe). Si os animais convencionais aliméntanse do mesmo xeito, obtéñense análogos resultados.
Entón,
merece realmente a pena tomar máis alimentos ecolóxicos e orgánicos que
tradicionais? Á vista das conclusións, a resposta é doada e debe tomala o
propio consumidor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario