Un equipo do Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa, no que participan científicos da Universidade Autónoma de Madrid (UAM), o CIBERNED e o CSIC, en España, identificou unha proteína do esqueleto celular como responsable da progresión de tumores de cerebro de tipo glioma. Segundo os resultados, esta proteína, denominada WIP, potencia o crecemento e a capacidade invasiva deste tipo de tumores.
O traballo, publicado na revista Cell Reports, describe que os niveis altos de WIP favorecen o crecemento dos gliomas humanos, o que se traduce nunha baixa taxa de supervivencia en pacientes que presentan esta variante de tumores. O traballo tamén demostra que a eliminación xenética de WIP reduce a capacidade de proliferar dos gliomas humanos, tanto cultivo de células como en modelos de rato.
Observamos que a proteína WIP mantén unha poboación de células nai tumorales cunha alta capacidade de dividirse e de migrar, facilitando así a progresión tumoral?, afirman os directores do estudo, Inés Antón e Francisco Wandosell.
Segundo os autores, o achado transciende á investigación básica, xa que a descrición deste novo mecanismo permite propoñer novas dianas terapéuticas para o tratamento de tumores altamente invasivos como os gliomas. ?A eliminación ou bloqueo de WIP sería unha nova diana terapéutica potencial para un grupo de tumores como os gliomas, moi agresivos e con poucas alternativas terapéuticas nestes momentos?, afirman.
O funcionamento de calquera tipo celular dentro dun organismo depende, en gran parte, da capacidade de modificar a súa forma. Así, dentro de calquera célula existe un grupo de proteínas que manteñen un esqueleto responsable de facer isto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario