Investigadores españois da
Universidade de Cataluña (URV),
demostraron que o consumo habitual de aceite de oliva virxe diminúe un
51% o risco de sufrir unha fractura osteoporótica.
O estudo valora que incorporar na
dieta entre 4 e 5 culleradas sopeiras de aceite de oliva virxe ao día protexe a
estrutura ósea e prevén a osteoporose.
Estes resultados evidencian, por
primeira vez, o papel beneficioso do consumo regular de aceite de oliva para a
protección dos ósos. Ata agora, a comunidade científica fixouse,
principalmente, nos efectos positivos derivados da administración de
compoñentes do aceite (como polifenoles en cápsulas) sobre as fracturas óseas,
ou ben no efecto modulador sobre algúns factores bioquímicos relacionados coa
saúde ósea, pero non sobre a fractura en si mesma.
Os científicos que lideraron o estudo
atribúen estes beneficios ao conxunto de sustancias que compoñen o aceite de
oliva virxe, desde a graxa ata os polifenoles e outros compoñentes, polas súas
propiedades antioxidantes e antiinflamatorias.
A incorporación deste alimento á
dieta habitual é unha forma eficaz de protexer os ósos, ata o punto de diminuír
a aparición de fracturas debidas á osteoporose. Actualmente, o tratamento da
osteoporose é farmacolóxico mediante a suplementación de calcio e vitamina D.
Os investigadores consideran que todo
indica que o aceite de oliva contribúe a mellorar a saúde, non só en relación
coa enfermidade cardiovascular, como se demostrou, senón tamén noutros como a
osteoporose, patoloxía que xera un gasto público importante debido a baixas
laborais, inmobilidade e dependencia nalgúns casos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario