
María Castro dá vida a Isabel Cendal, mentres que Pedro Casablanc é o doutor Balmis e Octavi Pujades, José Salvani. Completan a repartición Carlos Santos, Javier Mejía, Jaime Pujol, José Sospedra, Toni Miso, Fran Nortes, José Manuel Seda, Mariana Carballal e os nenos Camilo Redgrave, Tiago Rodríguez, Xoel Rupar e Nuno Vilela, entre outros. Miguel Bardem dirixe a película, escrita por Alicia Lúa, gañadora dun Goya e dun premio ao Mellor Guión Europeo por «douche os meus ollos».
O produtor Robert Fonollosa ( director de Luck Banana) coñeceu a historia por un artigo xornalístico e comprendeu enseguida, do mesmo xeito que a autora madrileña Almudena de Arteaga, que aí había un relato apaixonante. Así naceron estes «22 anxos», película que a cadea TVE 1 emitiu. Ademais de Luck Banana e TVE, TVG e Sunrise Pictures tamén participan no proyecto, rodado durante catro semanas en diferentes lugares de Galicia, Valencia e Madrid.
A escritora Almudena de Arteaga contou en 2010 esta incrible historia, tan sorprendente como pouco coñecida, na novela «Os anxos custodios». A vacina das vexigas non chegou ás Américas en tubos de ensaio, senón nos corpos de 22 nenos galegos, emigrantes prematuros que cruzaron o Atlántico a comezos do século XIX acompañados polo doutor Francisco Javier Balmis, Isabel Cendal -responsable dun orfanato da Coruña e única muller no barco- e o novo cirurxián José Salvany.

A historia de Cendal continuou outros tres anos, xa que repetiu a operación en varios países de Asia, como Filipinas e China, onde partiu xa con nenos mexicanos como portadores da vacina. Logo ensinaba aos médicos para conservala e a vacinar á poboación, un labor impagable.
No hay comentarios:
Publicar un comentario