
A presbicia afecta ao
cristalino, polo que o ollo empeza a ter problemas para enfocar. "Empeza a
calcificarse pola parte dos polos e impide que o cristalino se poida contraer e
estirar", de modo que cando se calcifica por completo aparece a catarata,
que provoca unha visión "borrosa".
Ademais, a catarata que aparece en persoas máis novas
é unha moi específica chamada cortical, que se caracteriza por ver ben pero
presentar molestias coa luz.
O tratamento consiste no uso de
cirurxía láser para "licuar" esa lente patolóxica que non funciona
ben e logo, cun inyector similar a un bolígrafo, implantar unha lente para permitir ver de lonxe e de preto. A
intervención está cuberta polo Sistema Nacional de Saúde (SNS), aínda que
existe lista de espera que actualmente está ao redor dos 60 días de media.
No hay comentarios:
Publicar un comentario