
Aínda que foi unha das enfermidades víricas máis devastadoras que golpearon á humanidade, pois apareceu en poboacións humanas fai miles de anos: no antigo Exipto (algunhas narracións históricas suxiren que o faraón Ramsés V, morreu no ano 1145 a. C. pola súa causa); na India e na China; nunca estivo claro de onde xurdira e cando saltou aos humanos.
A nova investigación realizada polo equipo internacional de Ana Duggan e Hendrik Poinar, do Centro de ADN Antigo adscrito á Universidade McMaster en Canadá, xunto con especialistas da Universidade de Helsinqui en Finlandia, a de Vilna en Lituania e a de Sídney en Australia, pon de manifesto algunhas posibilidades interesantes sobre a idade da enfermidade.
Este equipo, nun intento de entender mellor a súa historia evolutiva, e despois de obter permiso da Organización Mundial da Saúde (OMS); extraeu ADN altamente fragmentado duns restos parciais momificados dun neno lituano que se cre que morreu entre 1643 e 1665, (período durante o cal se documentaron varios brotes desta enfermidade por toda Europa).

A distancia xenética entre os distintos casos permitiu aos investigadores estimar a ratio de mutación entre xeracións e con ela construír unha máquina do tempo das vexigas. Todas as mostras, incluídas as do neno e a momia siberiana, terían por antecesor a un virus que pululou por Europa entre finais do século XV e finais do XVI, a época das grandes expedicións e cando os españois levaron as vexigas a América.
Unha vez obtida unha liña temporal, preguntáronse se as anteriores probas históricas de vexigas, que se remontan a Ramsés V ( morto fai mais de 3000 anos) e doutros casos en India e China inclúen todas as anteriores ao 1500, eran reais ou foron identificacións erróneas (varicela ou sarampelo)
Ademais o neno atopado en Lituania tamén axudou aos investigadores para descubrir cando se separou o virus das vexigas en dúas grandes ramas (clados, en bioloxía), Variola major, máis letal e estendida e Variola minor, máis benigna e rara.
O que non conseguiron os investigadores é pescudar de onde xurdiu as vexigas. Para tentalo, compararon o virus humano con outras dúas especies do mesmo xénero (orthopoxvirus) que afectan a camelos e gerbillos e que están entre as máis próximas ao das vexigas. Comprobaron que esa proximidade é só relativa. Están tan lonxe desde un punto de vista do seu reloxo molecular que non comparten un antecesor común. Así que o animal que transmitiu as vexigas aos humanos segue sen ser localizado ou hai tempo que se extinguiu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario