A Organización
Mundial da Saúde (OMS) publicou unha
lista de bacterias para as que se necesitan “urxentemente” novos antibióticos.
Son, segundo a OMS, 12 familias de
bacterias e son as máis perigosas para a saúde humana pois son inmunes aos
fármacos coñecidos grazas as mutacións que experimentan.
Entre elas temos
un primeiro grupo que ten “ prioridade crítica para atopar novos tratamentos:
-o microbio Acinetobacter baumannii, resistente aos
antibióticos carbapenémicos (esta bacteria foi responsable do peor brote nun
hospital español, o que matou a 18 persoas entre 2006 e 2007 no Hospital
Universitario 12 de Outubro, en Madrid)
- o Pseudomonas aeruginosa, (tamén
resistente aos carbapenémicos, un tipo de antibióticos de amplo espectro que se
utiliza en hospitais por vía intravenosa para tentar atallar infeccións graves)
-varias
enterobacteriáceas, como Klebsiella,
Escherichia coli, Serratia e Proteus.( especialmente perigosas grazas a súa
multirresistencia a antibióticos. Aa miúdo provocan infeccións letais da
corrente sanguínea e pneumonías)
Nun segundo grupo,
cunha prioridade alta, atopamos bacterias cada vez máis resistentes e
responsables de enfermidades moi coñecidas, como a gonorrea, provocada por Neisseria gonorrhoeae; salmonelosis,
causada polo xénero Salmonellae; e a
úlcera de estómago xerada pola bacteria Helicobacter
pylori.
Os expertos
basearon as súas decisións no grao de letalidade das infeccións, na duración do
tratamento, na frecuencia coa que aparecen resistencias e na facilidade de
transmisión, entre outros factores.
Agora, detectadas
as necesidades médicas, os que se adican a buscar novos fármacos xa poden
centrarse en productos específicos para cada patóxeno. Pero, para solucionar as
enfermidades non so hai que conseguir novos tratamentos senon que tamén hai que
facer un uso racional dos que xa existen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario