
Investigadores demostraron que
unha forma na que as bacterias poden sobrevivir aos antibióticos é desenvolvendo
un «temporizador» que as mantén inactivas durante o tratamento antibiótico.
Agora, nunha nova investigación
informa que unha vez que as bacterias adquiriron a capacidade de adormentarse,
que se denomina «tolerancia», rapidamente adquiriron mutacións de resistencia e
foron capaces de superar o tratamento antibiótico. Polo tanto, a tolerancia
pode xogar un papel crucial na evolución da resistencia en poboacións
bacterianas baixo exposicións cíclicas a altas concentracións de antibióticos.
Estes achados poden ter
importantes implicacións para o desenvolvemento de novos antibióticos, xa que
suxiren que a forma de atrasar a evolución da resistencia é mediante o uso de
fármacos que tamén poden dirixirse ás bacterias adormentadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario