Un
estudo mostra os problemas relacionados co consumo dalgúns fármacos que se poden comprar na farmacia sen
receita. En España é posible comprar fármacos como o ibuprofeno sen receita e os cidadáns toman este medicamento para
todo tipo de dores sen maiores restricións. Con todo, as autoridades médicas e
sanitarias desde hai tempo advírtese que non son inocuos.
Un
estudo do Hospital Universitario Gentotfe de Copenhague, publicado en marzo de 2017 na revista European Heart
Journal, estableceu que o uso frecuente
deste tipo de mediacamento incrementa un
31% o risco de paro cardíaco. O mesmo análise indicaba que outros fármacos do
mesmo tipo, antiinflamatorios non esteroideos (AINE), presentan un risco mesmo
superior.
A
Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (AEMPS) emitiu unha
recomendación para limitar o consumo de ibuprofeno e os pacientes con
enfermidade cardiovascular grave: insuficiencia cardíaca, cardiopatía isquémica,
enfermidade arterial periférica ou cerebrovascular non deberían tomar máis de
2.400 miligramos ao día. A recomendación chegou tras a revisión europea (do
Comité para a Avaliación de Riscos en Farmacovigilancia) elaborada respecto ao
risco cardiovascular deste medicamento así como do dexibuprofeno, sobre o que
tamén se deben tomar precaucións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario