Hai uns días decatabámonos que unha moza
de 14 anos vítima de cancro quería ser conxelada de forma criogénica e, inmediatamente todos dubidamos se esa decisión realmente
tiña lóxica e sentido.
A
criogenización baséase en conxelar corpos coa esperanza de que no futuro poidan
volver á vida. Pero, pódese
conxelar un corpo enteiro?
Se pensamos nos trámites e
procedementos que se requiren nunha
operación de transplante, a resposta é
NON. Os científicos saben que poden
existir certas dificultades para conxelar algúns órganos porque as súas
estruturas poden verse afectadas; canto máis se é a superficie é maior e máis
complexa como o corpo humano.
A día de hoxe, os órganos (e o corpo, en
xeral) non se poden conxelar porque a auga que conteñen, ao chegar ao momento
de conxelación, aumenta de volume e destrúe as estruturas celulares e os
mecanismos fisiológicos. É certo que existe un proceso de crioxenización (a
vitrificación) que impide a formación do xeo mediante o uso dun xel
anticongelante a -196 graos. O problema
é que de momento a ciencia só puido vitrificar órganos embrionarios de animais.
Así que, tendo en conta esta información parece lóxico pensar que actualmente
resulta complicado conxelar un corpo enteiro sen esnaquizar as súas estruturas
internas no proceso.
Entón, que hai de certo no movemento
criogénico?. É dicir, estamos ante unha esperanza plausible, ante un mito que
non fai dano a ninguén ou ante un fraude? A resposta non é sinxela na medida en
que, como é lóxico, non podemos predicir o futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario