Buscar este blog

miércoles, 2 de noviembre de 2016

Introducción.

Desde fai uns anos afírmase frecuentemente que vivimos nunha "sociedade do coñecemento" ou "sociedade da información".


A saúde humana é un campo de gran dimensión ao que tributan un número cada vez maior de disciplinas científicas, desde aquelas que pola súa complexidade requiren un sofisticado instrumental tecnolóxico ata aquelas que se encargan ante todo, do factor humano como son as Ciencias Sociais e Humanísticas, dentro delas particularmente a Psicoloxía.

A mediciña moderna tratando de humanizar as súas accións inclínase ao estudo do enfermo e non ao da enfermidade, tendo en conta a relación que existe entre o obxectivo e o subxectivo.

Non cabe dúbida que para as persoas, un dos aspectos máis importantes constitúeo a saúde e, polo contrario tamén  a enfermidade, xa que resulta vital para os mesmos.


Hoxe en día sabemos que a saúde pode conceptualizarse de xeito positivo, é dicir, referíndose a diferentes dimensións de benestar, de axuste psicolóxico e social, de calidade de vida, de funcionamento cotián, de protección contra posibles riscos de enfermidade, desenvolvemento persoal, etc.; sendo un bo exemplo desta concepción a definición de saúde proposta pola OMS como:  "o estado de completo benestar físico, mental e social".


Neste blog tratarase unha gran diversidade de temas como por exemplo, os avances da ciencia para a cura de enfermidades, os alimentos trasxénicos cos seus benificios/prexuízos para o ser humano, os famosos "E-"...

No hay comentarios:

Publicar un comentario