A universidade de Texas, usou o
superordeandor “Stampede” do centro de
Computación Avanzada desa cidade para buscar a reactivación dun supresor
tumoral que no 50% dos casos está inactivo nos procesos tumorales.
“Trátase dun supresor tumoral importante-
explica Rommie Amaro, da Universidade de
Texas- que mutou e está inactivo en todos os cancros humanos. Por tanto a
procura da súa reactivación foi un logro que a oncoloxía perseguiu durante
moito tempo”.
Amaro bautizou
á proteína p53 como o “gardián do xenoma”, pois
no seu interior atópase o epicentro do mecanismo de supresión tumoral e
é unha proteína importante para a regulación da vida celular; xa que pode
detectar o dano que esta enfermidade provócalle a unha célula e controlar a súa
morte ou deter o seu ciclo. Pero se este está mutado, non pode detectalo e a
célula danada reprodúcese, provocando tumores.
É case
imposible ver de forma experimental que esconde a proteína 53 no seu interior,
pero grazas ao uso de Stampede conseguiuse e pode ser unha posible clave para
curar o cancro.
Por primeira
vez puidéronse ver interaccións directas entre unha rexión desta molécula e o
ADN e púidose comprender como se relaciona toda a proteína (e non só certas
áreas) co ADN.
“A
computación está a chegar ao momento no que pode ter un impacto no
desenvolvemento de novas terapias contra o cancro - conclúe Amaro. Dános unha mellor comprensión dos mecanismos
desta enfermidade e as formas de desenvolver posibles vías terapéuticas novas.
Cando a maioría da xente pensa en investigación oncolóxica, non pensa en
computadores, pero estes modelos chegaron a un punto no que poden ter un gran
impacto na ciencia”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario