A resposta a esta pregunta é un NON contundente.
O mal uso dos antibioticos está levando a Europa a unha Era POSTANTIBIOTICA
As "superbacterias" é dicir as bacterias resistentes a varias familias de
antibióticos, están sendo as responsables de
mais de 25.000 mortes en Europa o ano pasado. Que está pasando?. Os medicamentos deixaron de ser efectivos?
Pois SI. Se non aparecen novas familias de antibióticos efectivos estas
superbacterias poderían matar no 2050 a
máis de 10 millóns de persoas ano no mundo.
Este problema débese ó mal uso e ó abuso que a poboación está facendo
dos antibióticos.
Estamos afeitos a tomalos cando non fan falta ou á
interrupir a duración do tratamento cando vemos melloría na saúde sen completar o seu ciclo de acción. Só en España, un 45 por cento da
poboación cre gracias a eles pódesen matar os virus ou que son efectivos contra o
arrefriado e contra a gripe.
Constatouse unha correlación entre o maior consumo de antibióticos e o
aumento das resistencias aos antibióticos chamados carbapenémicos considerados
como ultimo recurso pasando do 6,2 % de media ao 8.1% sendo Grecia co 50% o
país mais afectado.
Pero ademais, hai que sinalar que o recurso a antibióticos antigos que deixaran de usarse polos seus
efectos secundarios tamén se esta acabando.
No hay comentarios:
Publicar un comentario