No Hospital Porta del Hierro de
Madrid instalaron un corazón artificial
duradeiro a un paciente cunha
insuficiencia cardíaca avanzada. A operación durou unhas dúas horas e foi máis
sinxela que a necesaria para outros modelos, que requiren abrir todo o
esternón.

Este corazón diferénciase do resto
porque grazas aos avances tecnolóxicos, son aparellos de última xeración e son
aptos para terapias ponte, é dicir, para que duren un ou dous anos ata que
chegue o transplante (algo fundamental nun país no que o tempo medio de espera
é duns 140 días), e tamén para terapias de destino, ou o que é o mesmo, nas que
se coloca o dispositivo de forma definitiva.
As pequenas dimensións do aparello e a
súa avanzada tecnoloxía permiten aventurar que estes modelos poidan substituír
ao anterior rapidamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario