A contaminación do aire ameaza a perpetuación da especie ou polo menos,
dificúltaa en gran medida. Máis aló das enfermidades respiratorias ou dos
tumores de pulmón, cuxa vinculación coa mala calidade do aire é dabondo
coñecida e admitida pola OMS, un grupo de investigadores barceloneses constataron
que a polución atmosférica tamén afecta á fertilidade, tanto feminina como
masculina e incrementa o risco de abortos.
O primeiro estudo alerta dos efectos ambientais das partículas finas, do
dióxido de nitróxeno, do dióxido de sulfuro e do monóxido de carbono sobre a
fertilidade. Todos eles reducen a taxa de fertilidade e aumenta o risco de
aborto e mesmo en mulleres fértiles que nas que recorren a técnicas de
fecundación in vitro.
Nun segundo estudo, a investigación centrouse na calidade do esperma tras
avaliar a exposición aos mesmos parámetros de contaminación e conclúen que os niveis de contaminación repercuten nos
espermatozoides, en canto ao número, a mobilidade e a súa deformidade. Ademais,
estudos máis específicos atoparon que o ADN destes espermatozoides está
fragmentado.
Esta constatación do impacto da contaminación sobre a fertilidade humana
serve para os novos estudos que se
realizan a nivel europeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario