A Academia Sueca ha decidido distinguir este ano co Premio Nobel de
Mediciña ao investigador xaponés Yoshinori Ohsumi (Fukuoka, Xapón, 1945). Nun
comunicado, o xurado sinalou que a elección se debe aos seus descubrimentos
sobre os mecanismos da autofagia, un proceso que se encarga da degradación e
reciclaxe dos compoñentes celulares.
Grazas aos achados de Ohsumi, investigador do Instituto de Tecnoloxía de
Tokio, descubríronse os mecanismos que permiten ese proceso. En concreto, en
experimentos con fermento, o científico identificou xenes esenciais para a
autofagia, coñecidos como reguladores moleculares ATG. En experimentos posteriores,
comprobou que este sistema de reciclaxe estaba tamén presente nos humanos e
describiu toda a serie de mecanismos que permiten iniciar e formar os
autofagosomas e establecer o seu traslado ata o lisosoma. Os seus
descubrimentos marcaron un antes e un despois no coñecemento da reciclaxe
celular e permitiron constatar a importancia da autofagia en innumerables
procesos fisiológicos, como a resposta celular á tensión, o combate a
infeccións de virus e bacterias ou a diferenciación celular durante o desenvolvemento.
O papel deste sistema de xestión de residuos é tan fundamental que un fallo
nalgún das súas engranaxes reflíctese en distintos trastornos.
"A autofagia está involucrada nas principais enfermidades que nos
afectan como especie, como o cancro, a diabetes ou as enfermidades
neurodexenerativas, entre outras".
"O potencial deste campo de investigación é grande. Actualmente estase
estudando que parte do proceso é o que falla nalgunhas enfermidades e como
podemos evitar que isto pase. Sabelo pode supoñer que se evite a resistencia
aos antibióticos, que se free un proceso de neurodexeneración ou que se mellore
a calidade de vida fronte ao envellecemento".
No hay comentarios:
Publicar un comentario