Un equipo de investigadores da
Universitat Jaume I de Castellón descubriu a acción dunha pequena proteína do
cerebro, a relaxina-3, sobre as
neuronas que resultan danadas nas primeiras fases do Alzheimer.
A relaxina-3 é unha proteína do
sistema nervioso que ten entre as súas principais funcións regular a memoria
espacial a curto prazo nunha área concreta do cerebro. A investigación revelou
que cando esta proteína está sobreexpresada pode eliminar a memoria espacial,
cuxa perda é un dos signos do Alzheimer.
Os científicos da Universitat Jaume
I (UJI) usaron unha técnica innovadora que permitiu identificar as neuronas que
son activadas especificamente por relaxina-3 e que, á vez, son as mesmas que
morren primeiro durante a enfermidade de Alzheimer". Os investigadores
tamén acharon de maneira paralela relacións entre a relaxina-3 e a tensión
(stress).
No hay comentarios:
Publicar un comentario