Expertos da
Universidade de Colorado en Boulder e da do Noroeste, ambas en EE.UU.,
desenvolveron un sensor acústico diminuto, brando e que se coloca facilmente,
co que se miden as vibracións do corpo humano dun modo tal que lle permite
monitorizar a saúde cardíaca.
O dispositivo
estirable, capta as sinais fisiolóxicas sonoras do corpo, e as súas propiedades físicas fano adecuado
para a pel humana, podendo colocalo en case calquera superficie do corpo.
Parécese a unha pequena tirita, pesa menos de 0,3 gramos e pode recoller datos
fisiolóxicos constantemente.
O novo aparello capta as ondas mecánicas que se propaguen a
través dos tecidos e fluídos do corpo humano debido á actividade fisiolóxica
natural, detectando firmas acústicas características de sucesos individuais.
Estes inclúen a apertura e peche das válvulas cardíacas, a acción dos pulmóns,
vibracións das cordas vocais e mesmo movementos no tracto gastrointestinal. O
sensor pode tamén integrar eléctrodos capaces de rexistrar sinais de
electrocardiograma (ECG), coas cales se mide a actividade eléctrica do corazón,
así como sinais de electromiograma (EMG), coas que se mide a actividade
eléctrica dos músculos en repouso e durante a contracción.
Aínda que na súa fase
experimental o sensor estivo unido por
un cable a un sistema externo de adquisición de datos, poder convertese facilmente nun dispositivo inalámbrico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario