Buscar este blog

jueves, 22 de diciembre de 2016

Os perigos do glute dos alimentos.

Desde fai algún tempo, o glute asóciase a multitude de molestias e patoloxías e as expresións nos alimentos de “Sen glute” ou “Non contén glute” parecen constituír unha garantía de saúde e sobre todo de éxito comercial.  Pero realmente, isto é así? 

Pois parece que algo de razón hai nisto. As enquisas realizadas aos consumidores indícanos que un 35% da poboación  son compradores deste tipo de produtos; mentres só un 1% da poboación manifesta intolerancia ao mesmo.

Existen diversos trastornos relacionados co consumo de produtos con gluten. A enfermidade celiaca é o máis grave deles. Trátase dun problema inmunológico, autoimune, xa que, nos pacientes celíacos o seu sistema inmunológico actúa ao recoñecer ás proteínas do gluten como sustancias estrañas ás que hai que destruír. Adicionalmente, o sistema inmune tamén comeza a atacar e deteriorar as estruturas naturais das paredes intestinais podendo ocasionar graves danos. A enfermidade celíaca é un problema serio, que ademais vese agravado polo feito de que moitas persoas que a teñen non saben a verdadeira razón das súas molestias. A solución máis inmediata é evitar o consumo destas  mezcla de proteínas que se atopan nos grans dos cereais

Porén  o que máis pode preocupar ao consumidor é a discutida existencia doutra entidade patolóxica que se adoita denominar “SENSIBILIDADE NON CELIACA Ao GLUTEN” (SNCG) e que serve de base do marketing comercial de moitos produtos e do crecente rexeitamento popular aos produtos con glute. Como o seu nome indica trátase dunha reacción adversa ao glute en persoas que non teñen a enfermidade celíaca. Os síntomas a miúdo son moi similares aos da enfermidade celíaca e poden implicar tanto dixestivos como a non dixestivos. A SNCG adoita producir distensión abdominal, flatulencia, diarrea, dor de estómago, perda de peso, eccema, eritema, dor de cabeza, dor óseo e articular, cansazo crónico, fatiga e depresión. Tamén hai que ter en conta a posible existencia de varios síntomas misteriosos que poden ser difíciles de vincular coa dixestión, incluíndo problemas da pel e trastornos neurolóxicos.

As persoas con sensibilidade ao glute non adoitan mostrar cambios no súa mucosa intestinal nin os anticorpos característicos da enfermidade celíaca. Por outra banda, non se descubriron aínda biomarcadores específicos para esta posible patoloxía e como non hai ningunha proba de laboratorio fiable para diagnosticar a SNCG o diagnóstico adóitase realizar por exclusión doutras condicións.

A cantas persoas afecta? Actualmente é imposible responder cunha cifra adecuada xa que algúns especialistas afirman  que esta patoloxía non existe, mentres outros calculan que se dá en máis do 6% da poboación. Nas revistas científicas especializadas estes últimos anos publicáronse centenares de artigos, pero aínda persiste certa discusión sobre a natureza e o alcance da SNCG.

A crenza popular de que a alternativa “sen glute” é máis saudable que a de con el pode levar a un consumo excesivo de  produtos envasados e  procesados libres de glute, incluíndo artigos de primeira necesidade (como o pan, cereais e pastas) e outros demasiado enerxéticos ou pobres en nutrientes necesarios (barras de cereais, galletas, etc.), co resultado global dunha alimentación menos saudable.

Conclusión: sentido común e prudencia, antes de sentenciar prematuramente ao glute. En moitas ocasións habería que falar de diversas patoloxias: sensibilidade ao trigo, os FODMAPS, colon irritable ou outros compoñentes. 
A sensibilidade non celíaca ao glute é real, pero menos importante do que algúns divulgan.

No hay comentarios:

Publicar un comentario