A pílula foi pensada e creada por
Christian Poincheval, un francés de 65 anos, tras unha viaxe con amigos na que as
comidas eran moi pesadas e a aparición das flatulencias facíase cada vez máis
desagadable.
Tentando buscar unha solución foi a
ver a un científico para estudar de que maneira podíase inventar un remedio
natural que resolva este problema tan común. Xuntos, combinaron distintos
ingredentes que poderían reducir o mal cheiro das flatulencias e despois de
meses de experimentación, Poincheval creou a receita das súas pílulas.
Comezou a vendelas en 2006 cunha
fragrancia chamada “rosas perfumadas”. Recentemente agregou a fragrancia
“Chocolate”. Esta nova pastilla está feita de carbón vexetal, fiúncho, algas,
resina vexetal, arándanos e ralladura de cacao.
Poincheval afirma que o remedio é moi popular.
Cada envase contén 60 comprimidos e ten un custo pouco elevado (9.99 euros).
Ten moi boa venda, e hai clientes queren mercalas, algúns que padecen este
problema e teñen serios problemas cos seus cheiros, mentres que outros o usan
para regalalo en forma de broma.
Poincheval considera que o seu novo
inventou debe ser un dos agasallos ideais para estas Festas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario