Nunha sociedade avanzada como a nosa ser nai a certa idade supón unha
aventura de incerto percorrido. Tentar ser nai a partir dunha idade avanzada,
mediante técnicas de fecundación in vitro, pódese considerarse que é un pulso
que se lle bota á bioloxía, poñendo a probas os seus límites. Non hai que
minimizar, por suposto, os riscos dun embarazo tardío. Pero a casuística xa é
ampla e inclúe bastantes casos de maternidade despois dos 60 e mesmo un caso
despois dos 80. Estas nais son un testemuño vivente das moitas barreiras que o
medicamento é capaz de superar.
As mulleres xa nos gustaría quedar libres, como os homes, do reloxo
biolóxico, pero o certo é que os médicos establecen un tempo idóneo para
xestar, antes dos 35 anos. A partir de aí a fertilidade declina, pero as técnicas
da fecundación asistida permiten agora sortear esas barreiras
Esta realidade fainos pensar que unha maternidade tan tardía presenta máis
problemas sociais e éticos que médicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario