
Son as canles de sodio as que transmiten as sinais de dor desde a orixe ata
o sistema nervioso e para descubrir cales eran as que estaban directamente
relacionadas ca dor, estudaron as persoas que posúen unhas raras mutacións que
impiden que o seu sistema nervioso detecte os sinais de alerta e polo tanto non
sentan dor.
Primeiro descubriron cales eran as causas xenéticas das mutacións que
posuían estas persoas e despois realizaron experimentos con ratos xenericamente
modificados aos que lles borraron o xene SCN9A, que codifica a canle Nav1.7.
Como sucede cos humanos con esta mutación, comprobaron que se volvían
insensibles á dor. Cando se descubriu o rol destas canles, os máis optimistas
creron que era o fin do sufrimento, bastaría con desenvolver unha sustancia que
os bloquease; pero ningunha conseguiu un poder analxésico efectivo sen posuír
efectos secundarios.

No hay comentarios:
Publicar un comentario