
No hospital Clinic de
Barcelona, o equipo da doutora Elena
Ricart. estaba desenvolvendo un tratamento sinxelo: primeiro obter células nai
hematopoéticas da medula do paciente, despois destruír por completo o seu
sistema inmunológico mediante quimioterapia como se fai en casos de leucemia e,
a continuación, trasplantar as células nai para rexenerar un novo sistema
inmune sen a memoria do vello, esperando que non ataque ao organismo.
Os médicos consideran que é un
tratamento perigoso que só está xustificado en casos moi delicados; pois
destrúe todo o sistema inmune.
O gran reto científico é pescudar
por que algúns pacientes responden ben a este tipo de tratamento e outros non
tanto e tamén poder saber de antemán
quen se vai a beneficiar, e lograr unha terapia igual de eficiente pero máis
dirixida e menos agresiva. O obxectivo final é buscar o proceso que eliminen só
aquilo que interesa eliminar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario